Skip to main content

Reunión do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC en Santiago

10.10.2024 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Imaxe da xornada que tivo lugar en Santiago en 2023
Imaxe da xornada que tivo lugar en Santiago en 2023

O reitor Antonio López preside este xoves 10 a partir das 11.00 horas no Salón Nobre do compostelán Colexio Fonseca unha reunión con integrantes de equipos directivos e de orientación de centros de ensino medio de Galicia, para presentarlles as actividades do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. Na xornada está prevista a participación de representantes de 40 centros.

O programa de actividades para este curso será presentado polo miúdo pola delegada do reitor para o Ensino Medio e Coordinadora do Programa A Ponte, Maite Flores, que tamén informará ás persoas responsables dos centros educativos sobre a s probas PAU.

O Programa A Ponte, que leva en funcionamento dunha forma estruturada desde o ano académico 2003-2004, oferta este curso un total de 169 charlas temáticas nas que o profesorado da USC lle achega a súa investigación aos estudantes do último curso da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior. Hai ademais visitas aos centros para presentarlle ao alumnado a oferta que lle ofrece e, á inversa, visitas do alumnado de centros de ensino medio a centros da USC e encontros virtuais na Zona USC. Así mesmo a USC participa en feiras educativas para dar a coñecer a súa oferta formativa.

A maiores, nunha experiencia pioneira, a USC organiza as xornadas de portas abertas ‘Coñece a USC’ para que cada futuro ou futura estudante poida achegarse aos centros universitarios e coñecer de primeira man os títulos nos que ten interese. 
 

The contents of this page were updated on 10.09.2024.