Skip to main content

Xornada práctica para achegar ao estudantado recursos de actuación ante unha situación de violencia machista

10.10.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula 12

Explicaranse recursos como Atenpro, Alertcops, Botóns SOS, o número 016 ou Guardián

No encontro explicaranse os recursos de actuación ante calquera situación de violencia machista. Foto: Santi Alvite
No encontro explicaranse os recursos de actuación ante calquera situación de violencia machista. Foto: Santi Alvite

Existen numerosos recursos de actuación dos que pular ante una situación de violencia machista, pero a realidade é que moitos deles son descoñecidos para a sociedade en xeral. Para rachar con esta tendencia, o profesorado da materia 'Deseño e elaboración de materiais didácticos' Jesús Rodríguez Rodríguez, Pablo Gayo Pérez e Silvia López Gómez organiza una xornada divulgativa dirixida principamente ao estudantado pero aberta a todo o público.

A xornada terá lugar o xoves a partir das 12.00 horas na Aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) e nela intervirán a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, a xefa da unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, Manuela Vilaboy Romero, así como persoal da Cruz Vermella e da Policía Nacional.

No encontro explicaranse os recursos de actuación ante unha situación de violencia de xénero ou de agresión sexual, tanto para vítimas como para testemuñas, explicando o funcionamento de iniciativas como Atenpro, Alertcops, Botóns SOS, o número 016 ou Guardián, así como a guía de actuación fronte á violencia machista do Ministerio de Igualdade. A entrada é de balde, até completar a capacidade do espazo.

Cartel da xornada
Cartel da xornada
The contents of this page were updated on 10.08.2024.