Inscrición ata o 23 de outubro

A primeira sesión de Microaberto deste curso, unha actividade incluída dentro da programación do Outono Cultural, será o 28 de outubro ás 20.00 horas na cafetaría da Facultade de Administración e Dirección de Empresas con Laura LaMontagne como artista convidada. Esta actividade enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Ata o día 26 de outubro podes inscribirte neste formulario e enviar as túas propostas a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) para participar no microaberto. Pode ser unha canción, un monólogo, unha poesía, un texto, etc.