10.16.2024 | 19.30h-21.30h

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as Sesións de Filmoteca deste curso coa proxección do filme 'The river', de Jean Renoir (USA 1951, 99 mns). Será o mércores 16 de outubro no Salón de actos da Casa do Saber de Lugo ás 19.30 horas.
Estas proxeccións están incluídas dentro da programación do Outono Cultural e realízanse coa axuda da Xunta de Galicia, en colaboración coa Filmoteca de Galicia. A entrada é libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e para a comunidade universitaria.
