10.14.2024 | 13.00h
Do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Trent (Canadá), Antonio Cazorla Sánchez

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Trent (Canadá), Antonio Cazorla Sánchez, presenta este luns 14 na USC o seu libro Los pueblos de Franco. Mito e historia de la colonización agraria en España, 1939-1975.
A presentación, que forma parte das actividades do grupo Hispona da USC, ten lugar ás 13.00 horas na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia e nela participarán tamén os catedráticos de Historia Contemporánea da USC Xosé Manuel Núñez Seixas e Emilio Grandío Seoane.