Skip to main content

Proxección do documental ‘Cachada’

10.22.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos da Facultade de Filoloxía

Nova sesión de CineFilo

Cartaz do evento
Detalle do cartaz do evento

CineFilo desenvolverá o 22 de outubro unha nova sesión coa proxección do filme documental Cachada, dirixido en 2019 por Marlén Viñayo. Contarase coa participación de Lucía Ramiro, socia traballadora de NUMAX e integrante do Cineclube Compostela.

En Cachada cinco mulleres de El Salvador participan nun obradoiro de teatro. Ao longo das diferentes sesións asistiremos aos traumas que estas mulleres viviron e que marcaron as súas vidas, así como á súa relación coa maternidade. Deste xeito, Chileno, Magaly, Madga, Ruth e Wendy, mulleres vítimas das máis diversas formas de violencia, buscan a través do teatro romper o ciclo dunha violencia que ten, como último elo, os seus fillos, para así tentar liberalos nun proceso doloroso e catártico e, por que non, esperanzador.

Lucía Ramiro (Foz, 1997) é socia traballadora de NUMAX e unha das integrantes do Cineclube Compostela. Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC no 2020, traballou en equipos de dirección e produción de videoclips, curtametraxes e longametraxes. É coguionista do filme Os espazos en branco, gañador na categoría de Mellor Documental nos Mestre Mateo 2024.

A actividade, aberta e de balde, está recoñecida con 1 crédito ECTS.

The contents of this page were updated on 10.14.2024.