10.16.2024 | 18.00h

O filme documental 'Cabra, marcado para morrer' (1984), do director e xornalista brasileiro Eduardo Coutinho, proxéctase en versión orixinal subtitulada este mércores 16 de outubro a partir das 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Trátase dunha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, e é ademais unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da Universidade. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
