Skip to main content
Axudas económicas para apoiar o desenvolvemento de actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros

O obxecto desta convocatoria é establecer as bases para a concesión das axudas da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e da Área Deportiva da USC para o desenvolvemento de actividades socioculturais, culturais e físico-deportivas nos centros, e convocar estas axudas para o exercicio 2026.

Esta convocatoria está dirixida ao Consello do Estudantado e ás facultades e escolas da USC.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro electrónico oficial da USC ata o 12 de decembro de 2025.

CONVOCATORIA

The contents of this page were updated on 10.27.2025.