Skip to main content

Homenaxe do iARCUS a José Benito Peleteiro

10.31.2024 | 11.30h

Santiago de Compostela

O iARCUS é o sucesor do Instituto de Acuicultura
O iARCUS é o sucesor do Instituto de Acuicultura

O Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS) homenaxea este xoves 31 de outubro a José Benito (Tito) Peleteiro, polo seu traballo no eido da acuicultura para a adaptación ao cultivo de diferentes especies de peixes. O acto, que terá lugar no salón de Actos do iARCUS, comeza ás 11.30 horas e contará coa presenza da vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo.

Trátase da primeira das Homenaxes ARCUS a Investigadores Distinguidos, que o instituto acaba de establecer como recoñecemento a persoal científico cunha traxectoria investigadora relacionada co ámbito acuático, tras unha extensa vida de traballo de investigación, con importantes contribucións á ciencia e á sociedade.

Investigador do IEO de Vigo desde 1989 ata 2017, José Benito Peleteiro sempre se dedicou ao estudo de diferentes especies de peixes e de polbo para a súa introdución nos sistemas de cultivo, abordando aspectos de zootecnia, nutrición, manipulación xenética e tecnoloxías de cultivo, entre outros. Estas investigacións levaron á consecución do cultivo do rodaballo, e ao avance nas estratexias de cultivo doutras especies, algunhas delas xa instauradas, como o linguado, e outras en proceso avanzado, como a pescada e a cherna. O seu esforzo e os seus logros déronlle un pulo importante á piscicultura mariña en Galicia e no exterior.

The contents of this page were updated on 10.30.2024.