11.11.2024 | 20.30h

As entidades organizadores do XXX Maratón fotográfico da Universidade celebrarán o 11 de novembro na sala de investigadores da Biblioteca Intercentros, a partir das 20.30 horas, a cerimonia de entrega dos premios Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización, Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema libre e premio do público, ao tempo que se inaugura unha mostra cunha escolma das fotografías presentadas ao certame, que permanecerá aberta ata o 30 de xaneiro de 2025.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.