11.20.2024 | 18.00h
Salón de Actos
Nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico

O Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía continúa este mércores 20 cunha nova sesión. Nesta ocasión, proxectarase unha selección de curtas experimentais dentro dun enfoque "materialista" da autoría de Malcolm Le Grice, Peter Tscherkassky, Michael Snow ou Mustafa Abu Ali, entre outros.
Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.