11.26.2024 | 12.00h

Este martes 26 de novembro a partir das 12.00 horas terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía a terceira das conferencias do ciclo de ex decanas e ex decanos, organizado dentro dos actos de celebración do 50 aniversario do centro. Titulada 'Filoloxía teatreira', será impartida polo profesor Darío Villanueva Prieto, quen será presentado polo decano Elias Feijo.
