Skip to main content

Simposio ILG 2024: 'Cultura impresa'

11.27.2024 | 15.45h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galega, que conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Este ano leva por título 'Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos', e céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.

Nas últimas décadas, a emerxencia dun campo dos estudos da cultura impresa moveu as confluencias que daban forma á historia do libro cara a un espazo de maior diversidade dos materiais estudados. Deste xeito, a perda de centralidade do obxecto libro abre un escenario novo, en que o estudo de revistas efémeras ou publicacións híbridas editadas artesanalmente sinala novos puntos de fuga cara a traballos pendentes. Camiños por explorar nas que, forzosamente, a diversidade destes obxectos favorece unha reflexión sobre a materialidade das follas impresas, axudando así ao establecemento de pontes que poñan en diálogo os estudos de lingua e literatura con outras disciplinas como os estudos das artes visuais, os estudos culturais ou a historia social.

Cartel do simposio
Cartel do simposio
The contents of this page were updated on 11.27.2024.