Skip to main content

Seminario de Futuros Urbanos

Conferencia de Maria Rodó: 'Interseccionalidade: desigualdades, lugares e emocións'

12.17.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

A investigadora da Universitat Pompeu Fabra Maria Rodó Zárate ofrece este martes 17 de decembro a conferencia 'Interseccionalidade: desigualdades, lugares e emocións'. Esta nova sesión do Seminario de Futuros Urbanos terá lugar a partir das 19.30 horas na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia.

Maria Rodó Zárate é investigadora no Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universitat Pompeu Fabra (UPF). Licenciada en Ciencias Políticas, ten un mestrado en Estudos de Mulleres, Xénero e Cidadanía e un doutoramento en Xeografía. A súa investigación céntrase no estudo das desigualdades sociais desde perspectivas interseccionais, espaciais e emocionais críticas. Alén de autora dunha infinidade de artigos académicos, en 2021 Maria Rodó publicou o libro Interseccionalidad: Desigualdades, lugares y emociones na editorial Bellaterra.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
The contents of this page were updated on 12.16.2024.