O Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, en consonancia co establecido no RD 99/2011, establece os requisitos de experiencia investigadora necesarios para asumir a dirección dunha tese de doutoramento. Por iso, a USC ten habilitado un rexistro para dar de alta ás persoas que poden dirixir teses.
Este proceso de alta contempla dúas modalidades:
- Mediante a acreditación dun sexenio ou méritos equiparables, o que permite a dirección dunha tese en solitario ou a codirección de teses na USC.
- Mediante a acreditación dun dos méritos recollidos no artigo 26.5 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC. Isto permite asumir a dirección de teses dun doutorando/a que xa ten outra persoa directora cun sexenio ou méritos equiparables.
A asignación de persoas directoras de teses a cada doutorando/a é competencia da CAPD, polo que no caso de ser necesaria unha alta no rexistro de posibles persoas directoras é a CAPD quen debe realizar a solicitude á EDIUS mediante o modelo dispoñible.
Así mesmo, hai outros dous supostos nos que é necesario que a CAPD realice unha solicitude á EDIUS previa á asignación dunha persoa como directora de tese. Estes supostos son:
- Para nomear unha terceira persoa directora.
- Para a incorporación dunha persoa directora a un doutorando/a que leva máis de 36 meses nos casos de dedicación a tempo completo ou de 63 meses se a súa dedicación é a tempo parcial.
Nos seguintes apartados veñen recollidos os formularios que é necesario que a CAPD presente á Escola dependendo de cada casuística.
A persoa directora proposta non está dada de alta no rexistro de directores.
Nomeamento dunha primeira ou segunda persoa directora antes de 36-63 meses e que non está dada de alta no rexistro de directores:
- Solicitude CAPD
- Formulario A ou B, segundo corresponda aos méritos a avaliar:
- Formulario A: Sexenio ou mérito equivalente
- Formulario B: Outros méritos
Nomeamento 2ª persoa directora pasados 36-63 meses. Nova persoa directora sen alta no rexistro.
- Solicitude CAPD
- Modelo xustificación 2ª persoa directora pasados 36-63 meses.
- Formulario A ou B, segundo corresponda
- Formulario A: Sexenio ou mérito equivalente
- Formulario B: Outros méritos
Nomeamento 3ª persoa directora pasados 36-63 meses. Nova persoa directora sen alta no rexistro
- Solicitude CAPD
- Formulario A ou B, segundo corresponda
- Formulario A: Sexenio ou mérito equivalente (asinado polo interesado)
- Formulario B: Outros méritos (asinado polo interesado)
- Modelo xustificación 3ª persoa directora. (Hai un apartado específico a cubrir no caso de que o doutorando/a leve máis de 36-63 meses).
A persoa directora proposta xa está dada de alta no rexistro de directores
Non é necesario presentar ningún tipo de documento, a asignación faise de xeito automático pola CAPD.
Nomeamento 2ª persoa directora pasados 36-63 meses. Nova persoa directora dada xa de alta no rexistro.
- Solicitude CAPD
- Modelo xustificación 2ª persoa directora pasados 36-63 meses.
Nomeamento 3ª persoa directora. Nova persoa directora xa dada de alta no rexistro.
- Solicitude CAPD
- Modelo xustificación 3ª persoa directora. (Hai un apartado específico a cubrir no caso de que o doutorando/a leve máis de 36-63 meses).
Non é necesario tramitar ninguhna solicte á EDIUS para a substitución dunha persoa directora de tese con independencia do tempo transcorrido por parte do doutorando/a cando esta persoa xa está dada de alta no rexistro de directores.