12.18.2024 | 12.00h

A profesora Isabel González Fernández, ex decana da Facultade de Filoloxía, ofrece este mércores 18 de decembro a conferencia 'A nave como metáfora da vida: de Dante (Guido i’ vorrei…) a Petrarca (Passa la nave mia…)'. Será a partir das 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
Trátase da cuarta conferencia do ciclo de oito a cargo de ex decanas e ex decanos de Filoloxía, encadrado nos actos de conmemoración do 50 aniversario da Facultade.