A Área de Deportes celebrará dúas escolas de competición de tenis e natación
Durante o mes de xullo o Servizo de Deportes organizará dúas escolas de competición, unha de tenis complementada con dous campus da mesma modalidade e outra de natación.
O Campus de Tenis de competición desenvolveranse en dúas quendas, do 3 ao 14 de xulllo de luns a venres en horario de 10.30 a 13.30 horas cun prezo de 60€, mentres que a segunda quenda estenderase entre os días 17 e 28, co mesmo prezo e horarios. Nesta mesma modalidade deportiva está prevista unha escola, igualmente de tenis de competición, do 3 ao 28 de xullo de luns a venres en horario de 9.00 a 10.30 horas e un custe de 60€.
Pola súa banda, a Escola de Natación abarcará do 3 ao 28 de xullo, igualmente de luns a venres e en horario de 10.00 a 13.00 horas, cun prezo de 30€.