Skip to main content

A Conferencia de Decanos de Matemáticas publica a Declaración sobre o presente e futuro das Matemáticas en España

A Conferencia de Decanos de Matemáticas que preside a profesora da USC Mª Victoria Otero Espinar acaba de publicar a Declaración sobre o presente e futuro das Matemáticas en España co apoio e adhesión do Comité Español de Matemáticas (CEMat) e outras institucións.

O texto reivindica as matemáticas como “estratéxicas e singulares porque afectan positivamente ás variables nas que, segundo todos coinciden, se baseará a recuperación económica, o establecemento de novos modelos de pensamento, emprendemento, internacionalización, intercambio de coñecemento, aplicacións prácticas no mundo privado, formación de profesionais con gran competencia e produtividade, así como innovación e desenvolvemento”.

Deste xeito, a declaración sinala unha serie de accións agrupadas en catro punto: formación matemática en todos os niveis do sistema educativo; apoio e promoción da carreira profesional; investigación; e coordinación.

The contents of this page were updated on 06.07.2017.