Skip to main content

As Leccións Xacobeas revisarán o trinta aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

As Leccións Xacobeas revisarán o trinta aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo
As Leccións Xacobeas revisarán o trinta aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Trinta anos da declaración do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo. Con este lema, as Leccións Xacobeas na USC desenvolverán a súa décima edición entre os días 18 e 21 de xullo coordinadas por Domingo Luis González Lopo e Miguel Taín Guzmán no Auditorio do Museo das Peregrinacións cunha carga lectiva de 30 horas. A matrícula estenderase ata o próximo 7 de xullo.

O curso procura a divulgación dos resultados de investigacións senlleiras sobre o Camiño de Santiago e a cultura xacobea, realizadas por profesorado e persoal investigador da USC e profesionais de centros de investigación, nacionais e internacionais. Dende a transversalidade e a multidisciplinariedade, búscase unha achega dinámica dos contidos a todo tipo de público.

O programa contempla catro bloque temáticos, que comenzarán aludindo ao propio lema das Leccións 2017, incluíndo a testemuña do que fora alcalde de Santiago Xerardo Estévez; e continuará cunha serie de intervencións arredor dos peregrinos ilustres do Camiño, o décimo aniversario das Leccións na USC; para rematar percorrendo unha andaina por un tramo do Camiño francés dende Real a Samos, visitando o patrimonio xacobeo, lendas e paraxes naturais, guiados pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa á Universidade de Verán na web.

The contents of this page were updated on 06.14.2017.