Cinco títulos no ciclo de cinema australiano co que colabora a USC
A Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa ASBA (Australia Spain Business Association), a Embaixada de Australia e o Concello de Santiago organizan de novo unha mostra de cine australiano. As exhibicións, gratuítas, serán no Teatro Principal ás 20.30 horas, agás a do próximo día 19 ás 21.00 horas.
As cinco películas que se van proxectar –‘Lion’, ‘Paper Planes’, ‘Blinky Bill’, ‘The Dressmaker’ e ‘Son of a gun’– tratan temas da vida cotidiá e doméstica dunha sociedade aberta, multicultural e tolerante, pero coas súas regras de xogo.