Skip to main content

Presentación da obra 'Entremurallas. (Lugo. Patrimonio y Arte)'

02.06.2025 | 12.00h

Santiago de Compostela
Sala de Profesores

Facultade de Xeografía e Historia
Facultade de Xeografía e Historia

A obra Entremurallas.(Lugo. Patrimonio y Arte) presentarase o xoves 6 de febreiro, ás 12.00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Este traballo colectivo foi promovido polo grupo Iacobus da Universidade de Santiago de Compostela e reúne o traballo de catorce especialistas arredor do patrimonio e da arte da Cidade das Murallas.

Entremurallas reúne estudos sobre espazos emblemáticos da cidade como a Muralla Romana, o convento de San Francisco, sede do Museo Provincial, xunto con outros traballos arredor do terremoto de 1751, a pintura de Xulia Minguillón ou a imaxe de Lugo na prensa ilustrada do século XIX. O obxectivo destas páxinas, profusamente ilustradas con máis de cen fotografías, non é outro que reforzar o valor cultural do patrimonio artístico da cidade e concienciar sobre a necesidade da súa imprescindible protección. Entremurallas rende homenaxe póstuma a unha das coautoras, a profesora Ana E. Goy Diz (1966-2022), membro do grupo de investigación Iacobus e do departamento de Historia da Arte.

Ademais de Ana E. Goy Diz, forman parte da autoría da obra María Pilar Coto Orge, José Manuel García Iglesias, Leopoldo Fernández Gasalla, María Dolores Barral Rivadulla, Diana Duo Ramila, Ana Pérez Varela, Juan Manuel Monterroso Montero, Miriam Elena Cortés López, Begoña Fernández Rodríguez, María Rivo Vázquez, Alicia M. González Bouza, Mónica Rey Cabezudo e Patricia Cupeiro López. 

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 02.05.2025.