Skip to main content

Concerto de Primavera da Orquestra e Coro da USC (Santiago)

Concerto ás 20.00 h. Ensaio aberto ás 13.00 h.

Igrexa de San Agostiño
Santiago de Compostela

A Orquestra e Coro da USC ofrece o seu concerto de Primavera

Orquestra e Coro da Universidade
Orquestra e Coro da Universidade

A Orquestra e Coro da USC (OCUSC) ofrece o sábado 26 de abril ás 20.00 horas na Igrexa de San Agostiño o seu concerto de Primavera, unha actividade incluída dentro da programación da Primavera Cultural. Previamente, ás 13.00 horas, haberá un ensaio aberto ao público. O acceso é libre e de balde.

Música en Camiño é o programa de concertos externos da Orquestra e o Coro da Universidade de Santiago de Compostela, unha iniciativa que se vén desenvolvendo de forma continuada dende o ano 2010. Este proxecto nace coa vontade de achegar a música á cidadanía, promovendo o intercambio cultural entre os membros das agrupacións —formadas por estudantes, profesorado e persoas afeccionadas á música— e os diversos públicos aos que se dirixen. Ao longo das súas tempadas, a OCUSC —con máis de cen integrantes— traballa cun compromiso constante a través de ensaios semanais que culminan nunha programación variada e de interese xeral. 

O programa diríxese a espazos e entidades que desexen contribuír á difusión da cultura, e en particular da música sinfónica, ofrecendo concertos accesibles e divulgativos. Neste marco, ademais da interpretación de obras representativas do repertorio orquestral e coral, o público poderá gozar de breves explicacións adaptadas que faciliten unha comprensión máis profunda das obras, dos seus contextos e da arte musical en xeral.

 

Cartel do concerto
Cartel do concerto
The contents of this page were updated on 04.25.2025.