02.13.2025 | 12.00h

Con motivo da conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia, ECOBAS desenvolve este xoves 13 a xornada en liña ‘A pegada das mulleres: Enfoques dende as Ciencias Sociais’. A partir das 12.00 horas, as investigadoras de ECOBAS María Bastida (USC), María Alló e Ángeles Longarela (UDC) e Elena Rivo (UVigo) falarán de como mellorar o emprendemento feminino, dos plans de igualdade nas empresas e da necesidade dun enfoque feminista e interseccional na divulgación, docencia e investigación en economía e finanzas. Para asistir hai que completar o rexistro nesta ligazón.