Skip to main content

Visita guiada á mostra ‘Iconografía artística de José Ángel Valente’ e presentación do libro Dragón, de José Manuel Bouzas

02.14.2025 | 18.30h

Primeiro andar

Exposición sobre a iconografía de Valente. Foto: Santi Alvite
Exposición sobre a iconografía de Valente. Foto: Santi Alvite

No marco das actividades realizadas con motivo do 50 aniversario da creación da Facultade de Filoloxía e dos 25 anos da morte de José Ángel Valente e da creación da Cátedra de Poesía e Estética que leva o seu nome na USC, a Facultade acolle no primeiro andar a exposición Iconografía artística de José Ángel Valente.

Precisamente, para coñecer con detalle esta mostra, o director da Cátedra, Claudio Rodríguez Fer, ofrecerá este venres 14 ás 18.30 horas unha visita guiada á que lle seguirá (ás 19.00)a presentación do libro Dragón, de José Manuel Bouzas, artista, profesor e ensaísta que foi amigo do poeta e que investigou moi a fondo as conexións do escritor ourensán co mundo das artes nos seus contextos. O autor manterá ao remate un coloquio  co público asistente.

 

Claudio Rodríguez Fer ante os carteis co retrato realizado por Sara Lamas
Claudio Rodríguez Fer ante os carteis co retrato realizado por Sara Lamas
The contents of this page were updated on 02.14.2025.