Skip to main content

Proxección de ‘Zerkalo [O espello]’, de Andrei Tarkovski

02.19.2025 | 18.00h

Salón de Actos

Facultade de Filosofía
Facultade de Filosofía

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será o mércores 19 de febreiro ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa proxección do film Zerkalo [O espello] (1975), de Andrei Tarkovski.

Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cun recoñecemento de dous créditos para todo o estudantado da USC. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

The contents of this page were updated on 02.14.2025.