A edición do programa Faíscas Culturais 'A procura da Domus do Mitreo' é unha reflexión arredor da domus do Mitreo, desde como se integraba na paisaxe urbana, cales eran os fundamentos antropolóxicos da alimentación, como evolucionaron os coidados na época romana...

O 21 de febreiro ás 10.00 horas haberá unha charla da profesora Luzia Oca González na Casa do Saber do Campus de Lugo sobre 'Fundamentos antropolóxicos da alimentación' á que asistirá o estudantado do Grao en Nutrición Humana e Dietética. A entrada está aberta para toda a comunidade universitaria. Ademais, quen participe na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao á Domus do Mitreo.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
