D3Mobile 2017 supera os seus niveis de participación e internacionalización con 1.476 estudantes e 350 docentes de 44 países

O campionato científico escolar D3Mobile, un certame promovido polo grupo de investigación Cigeo da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, vén superar na súa edición de 2017 os niveis de participación e internacionalización, ao contabilizar entre os distintos equipos participantes un total de 1.476 estudantes e 350 docentes pertencentes a 268 centros educativos de 44 países diferentes.
As estatísticas de participación de D3Mobile 2017 revelan un incremento sostido ao longo das cinco edicións xa celebradas deste campionato científico, que no presente ano contabilizou un 10% de escolares que en 2016, un aumento que se eleva ao 40% no caso do profesorado implicado. Asemade, cómpre subliñar que a metade destas novas promesas STEM (Science, Technology, Engineering e Matemáticas) son estranxeiras, o que conleva un aumento do 23% no seu grao de internacionalización respecto á D3Mobile 2016.
Unha vez rematada a fase de competición, durante a que os equipos inscritos neste campionato científico escolar tiveron que desenvolver as distintas probas propostas pola organización, os promotores do certame veñen de abrir o prazo de votacións para determinar os modelos 3D máis valorados polo público, un proceso que permanecerá aberto en liña ata o vindeiro 15 de xullo na páxina web www.d3mobile.es, na que tamén se poden ver todos os modelos presentados ao certame, xeolocalizados nun mapa elaborado polo Instituto Xeográfico Nacional. Os modelos tamén están accesibles na rede social 3D do campionato.
Todas as personas que tomen parte nas votacións abertas, a través das que se busca achegar a ciencia á cidadanía, entrarán no sorteo de diversos agasallos. A creación dunha categoría de modelos 3D máis votados polo público persigue, por unha banda, inculcar entre os participantes o importante labor que ten na sociedade actual divulgar o traballo feito e, por outra, que os finalistas consigan o recoñecemento social da súa contorna, segundo sinalaron o coordinador do D3Mobile, Juan Ortiz, e Mariluz Gil Docampo, directora do grupo de investigación Cigeo da USC.
Premios por un importe global de 14.000 euros
D3Mobile 2017 reparte premios entre os participantes agasallados por un importe global de 14.000 euros. Así, do mesmo xeito que en edicións anteriores, hai premios xerais, nos que os participantes modelan calquera obxecto, e premios específicos, nos que os participantes deben modelar en 3D un obxecto representativo/relacionado con algún tema/institución proposto pola organización. Moitos centros educativos integran así o campionato nun proxecto transversal: seleccionan un tema de traballo, definen un obxecto representativo, constrúeno, decoran e, finalmente, fanlle unha fotografía para obter o modelo 3D e participar nos premios específicos do campionato.
Difusión con modelos 3D do labor da Unesco
Esta edición, como novidade, establece catro premios específicos para que aqueles participantes que elaborasen modelos 3D relacionados cos obxectivos estratéxicos da Unesco para a Educación, Ciencia, Desenvolvemento social, Patrimonio, Cultura, Comunicación e a Información no mundo. Para concorrer a estes galardóns, os estudantes tiveron que ler os citados obxectivos estratéxicos, elixir un deles e seleccionar un obxecto representativo do mesmo, para escanearlo a continuación en 3D co seu smartphone/tablet.
Difusión con modelos 3D do labor científico da investigación feita na USC
Tres equipos optan ao premio ‘D3Mobile Difusión Científica USC-Ciencia na USC’, un galardón específico creado este ano para difundir o labor científico que desenvolven os grupos de investigación da USC. Os tres equipos aspirantes buscaron información dalgún investigador/grupo/instituto da institución académica e seleccionaron un obxecto representativo do seu labor científico. Os modelos 3D realizados por estes participantes son: un neno (https://skfb.ly/6rO7C), feito por un equipo de Ferrol e relacionado co traballo de Mariano López García, do grupo de Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Experimental Veterinaria; unha vasija (https://skfb.ly/6rOoA), proposta por un equipo ecuatoriano, relacionada co Instituto de Cerámica que dirixe Francisco Guitián Rivera, e unha caracola de mar ((https://skfb.ly/68xtB) feita por mozos paisanos do investigador guardés Emilio Rolán Mosquera.
Outros premios
Completan o conxunto de distincións específicas o premio Fronteira -para difundir a relación entre España e Colombia-Latinoamérica no ámbito industrial, de investigación ou de colaboración sobre la paz-, o premio Fundación Mulleres, para contribuír ao coñecemento por parte dos mozos españois do labor dunha científica/tecnóloga de éxito nos campos da enxeñaría/arquitectura, ou o premio Fundación Comforp, para o equipo mellor clasificado pertencente a un centro español no que se imparta automoción.
Amplo apoio institucional
O D3Mobile 2017, ademais de ter o respaldo da Unesco, conta co apoio da Xunta de Galicia, , a través de las "Ayudas para la consolidación de unidades de investigación competitivas en el Sistema Univerasitario de Galicia” (ED431B2016/030 y ED341DR2016/023) o Centro Español de Metroloxía (CEM), o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), Universia, a Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Lugo, o Concello da Coruña, as embaixadas de España en Colombia e en Turquía, a Fundación Comforp e a Fundación Mulleres, así como das empresas BQ, PCE ou Educación 3.0, entre outras entidades.
Algúns modelos elaborados por participantes no D3Mobile2017