Salón de Graos

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais comeza este mércores 26 un novo programa de debates e conferencias abertos a toda a sociedade sobre diversos temas de actualidade. Con motivo da pronta celebración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, será a investigadora da Universidade de Barcelona Clara Serra quen inaugure este ciclo, ás 19.00 horas no Salón de Graos, coa conferencia ‘Os límites do consentimento’. A presentación correrá a cargo da decana, Marta Lois.
Clara Serra é filósofa, escritora e investigadora da UB, ademais de autora de Leonas e zorras (Catarata, 2018) e coordinadora de Alianzas Rebeldes. Un feminismo más allá de la identidad (Bellaterra, 2021) e de El sentido de consentir (Catarata,2024). Publica periodicamente artigos de opinión en diversos medios como El País ou Tinta Libre.
Na actualidade estase levando a cabo un renovado debate sobre o consentimento sexual, que sitúa a sociedade ante o grave problema das violencias sexuais contra as mulleres, así como ante a pregunta acerca dos límites da lei para regular a esfera da sexualidade humana.