Skip to main content

Un curso revisa os últimos avances no tratamento do ictus de xeito interdisciplinar

Un curso revisa os últimos avances no tratamento do ictus de xeito interdisciplinar
Un curso revisa os últimos avances no tratamento do ictus de xeito interdisciplinar

O ictus será obxecto de revisión no curso ‘ Avances en diagnóstico, tratamento, coidados e xestión en neurociencias’ que se celebrará entre os días 12 e 16 de xuño no edificio Nóvoa Santos cunha carga lectiva de 25 horas. A matrícula pódese formalizar a través da web ata o próximo 2 de xuño.

As persoas que se matriculen coñecerán os distintos medios de diagnose así como os principais coidados e a avaliación da dor en pacientes de neuroloxía, e particularmente os de ictus. Tamén se prestará atención ao tratamento clínico e mediante técnicas de imaxe en neurociencias, o impacto do ictus e á adquisición de habilidades e ferramentas na xestión de calidade das unidades de neuroloxía.

O programa comezará abordando xeneralidades do ictus e o seu impacto socio-sanitario, así como a atención extrahospitalaria deste tipo de doentes. O día 13 será a quenda de tratar a diagnose, tratamento e prognóstico clínico do ictus así como a través de técnicas de imaxe. No terceiro día falarase sobre ferramentas en xestión e xestión de calidade, técnicas de rehabilitación e medicina física ou coidados psicolóxico en pacientes con ictus, entre outras cuestións. Para rematar, o día 16 haberá oportunidade de debater sobre consideracións ético-legais e comités éticos de valoración.

As persoas máis interesadas poden atopar máis información sobre a convocatoria da Universidade de Verán 2017 na web.

The contents of this page were updated on 05.30.2017.