02.28.2025 | 11.15h

Cristóbal Pérez Cuadrado, pertencente ao departamento de Química Física e Química Inorgánica do Centro de Innovación en Química e Materiais Avanzados (CINQUIMA) da Universidade de Valladolid impartirá o vindeiro 28 de febreiro o relatorio 'Unveiling molecular aggregates and chirality through rotational spectroscopy'. A sesión botará a andar ás 11.15 horas no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS).
