02.28.2025 | 13.00h

O reitor da USC, Antonio López, preside este venres 28 a entrega do Premio Valentín Paz Andrade en Economía de Galicia na súa décimo primeira edición. O acto será a partir das 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de Fonseca e nel participarán tamén o director do Idega, Rubén Lois, e o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez, entidades convocantes deste recoñecemento.
Recollerán os galardóns Hugo M. Ballesteros, Eduardo Sánchez Llamas e Gonzalo Rodríguez Rodríguez por ter gañado na modalidade de traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, e Rubén Boga e Valerià Paül polo seu accésit. Na modalidade de teses de doutoramento recollerá o premio Fernando de la Torre Cuevas.