Skip to main content

Proxección de 'Casa en flames' (2024), de Dani de la Orden

03.11.2025 | 17.00h

Salón de Actos

Facultade de Filoloxía
Facultade de Filoloxía

O 11 de marzo o ciclo CineFilo acollerá o filme Casa en flames (2024), de Dani de la Orden, que contará coa presenza telemática do seu guionista, Eduard solà, e coa presentación do doutorando en Estudos da Literatura e a cultura Miguel Alcalde Silveira.

Casa en flames preséntanos a Montse, unha muller que está moi emocionada porque tras moitos anos por fin vai pasar unha fin de semana con toda a súa familia na súa casa de Cadaqués antes de vendela. Está disposta a desfrutar deses días cos seus fillos e netos, e incluso estará presente o seu ex marido coa súa nova parella. Porén, nada se levará por diante o seu finde ideal, aínda que para iso teña que queimalo todo.

Sobre Eduard Solà
Eduard Solà (Santa Eulàlia de Ronçana, 1989) graduouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC) na especialidade de Guión e finalizou os seus estudos coa curta Lunático (2014), a única que dirixiu el mesmo até o momento. Ten unha longa traxectoria encargándose de guións para Dani de la Orden e tamén traballou con outras directoras e directores destacados do panorama catalán actual, como Clara Roquet e Nely Reguera.

Acumula xa máis dunha ducia de nominacións polos seus guións aos Premis Gaudí, Goya e Feroz, entre os que gañou en 2017 por Ebre, del bressol a la batalla (2016) e na tempada actual por Casa en flames (2024). 
 

Cartel da proxección
Cartel da proxección
The contents of this page were updated on 03.11.2025.