Skip to main content

Inauguración da exposición ‘Michael Ende. A vida e obra en textos e imaxes’

03.05.2025 | 13.00h
Escultura de Momo e Casiopea, personaxes de Ende. Foto: Sipalius
Escultura de Momo e Casiopea, personaxes de Ende. Foto: Sipalius

A Facultade de Filoloxía acollerá ata o 31 de marzo a exposición Michael Ende. A vida e obra en textos e imaxes, que se inaugurará este mércores ás 13.00 horas no vestíbulo do centro.

Con Jim Botón, Momo e A historia interminable, Michael Ende (1929-1995) creou clásicos intemporais da literatura infantil e xuvenil, traducidos a máis de 40 idiomas e con máis de 35 millóns de exemplares vendidos, que seguen cativando lectores de todas as idades. Isto convérteo nun dos autores alemáns máis exitosos do século XX.

A biografía de Michael Ende non estivo exenta de xiros inesperados, pero a súa vida estivo sempre dedicada á arte e á creatividade en diversas formas. A exposición, ricamente ilustrada, presenta as etapas clave da súa vida e obra, ofrecendo unha visión vívida da súa evolución como escritor e das súas obras máis emblemáticas.

A mostra poderá ser visitada nas escaleiras da facultade de luns a venres entre as 8.30 e as 20.30 horas.
 

The contents of this page were updated on 03.05.2025.