Skip to main content

Inauguración da exposición ‘Obras de Capa, 5 anos’ con pezas de artistas plásticos lusófonos

03.06.2025 | 12.00h
Facultade de Filoloxía
Facultade de Filoloxía

A Facultade de Filoloxía inaugura este xoves 6, ás 12.00 horas no segundo andar, a exposición Obras de Capa – 5 Anos, que reúne obras dos artistas Carlos Farinha (Portugal), Ismaël Sequeira (Santo Tomé e Príncipe), Erika Jâmece (Angola), Sónia Aniceto (Portugal), João Timane (Mozambique) e do escritor Marcelo Panguana (Mozambique), baixo a curadoría de Eduarda Oliveira (Portugal).

O proxecto nace dunha idea orixinal: durante 12 meses, a revista Descendências destacou na súa capa 12 cadros de diferentes artistas plásticos. Tras unha primeira fase, a iniciativa continúa cunha exposición itinerante por varios países, coa finalidade de difundir a cultura, dar visibilidade aos artistas lusófonos e promover as súas obras.

A inauguración contará coa presenza do fundador e director executivo da Asociación Internacional de Lusodescendentes (AILD), Jorge Vilela, creador tamén do proxecto Obras de Capa.

A exposición permanecerá aberta ata o 25 de marzo e poderá ser visitada de luns a venres entre as 8.30 e as 20.30 horas.
 

The contents of this page were updated on 03.05.2025.