Skip to main content

VIII Xornada de Saídas Profesionais para Enfermería

03.11.2025 | 09.15h
A VIII Xornada de Saídas Profesionais para Enfermería será o 11 de marzo. Foto: Santi Alvite
A VIII Xornada de Saídas Profesionais para Enfermería será o 11 de marzo. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Enfermaría organiza un ano máis a Xornada de Saídas Profesionais, que xa vai pola súa oitava edición. A sesión será o día 11 de marzo de 9:15 a 14:30 horas no Salón de Actos do Edificio Docente Novoa Santos.

O obxectivo é dar ao estudantado do último curso do Grao en Enfermaría a oportunidade de coñecer unha variedade de opcións profesionais ás que poden optar unha vez rematen os estudos. Proporcionarase información sobre investigación, docencia, especialidades enfermeiras, inserción laboral no sistema público e xestión sanitaria, incluíndo dous coloquios abertos -ás 11.00 e ás 14.00- nos que as persoas asistentes poderán expresar as súas dúbidas e inquedanzas.

A xornada inauguraraa a decana da Facultade, Raquel Rodríguez, que participará a continuación nunha charla sobre a investigación e a docencia en Enfermaría xunto con Marcos Pazos e Aida Carballo. Deseguido, a especialista en enfermaría familiar e comunitaria Noelia Vicho falará sobre as especialidades da Enfermaría.

Logo do primeiro dos coloquios abertos, ás 12.15 horas o xefe do Servizo de Selección temporal da Subdirección Xeral de Selección e Políticas de Persoal do Sergas, Daniel González, e a supervisora de Área de Docencia e Investigación da Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Sandra Vidal, disertarán sobre a inserción laboral no Sergas.

A enfermaría na xestión sanitaria será a última das charlas, que correrá a cargo de Paula Boga, subdirectora de Enfermaría da Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

The contents of this page were updated on 03.05.2025.