03.12.2025 | 12.00h
Salón de Graos
Na conmemoración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía
A ex decana da Facultade compostelá de Filoloxía, a profesora Mercedes Brea, participará o mércores 12 no ciclo de conferencias que organiza o centro con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario e que reúne as persoas que ostentaron o cargo de máxima representación da Facultade.
A conferencia da profesora Brea, que leva por título ‘50 anos da nosa Facultade de Filoloxía’, terá lugar ás 12:00 da mañá no Salón de Graos da Facultade.
Completarán este ciclo as conferencias de Ernesto Xosé González Seoane o 10 de abril e de María José López Couso o 12 de maio.