Martí Parellada presenta na USC un estudo sobre as universidades españolas dende unha perspectiva autonómica
O último estudo da Fundación CYD sobre as universidades españolas dende unha perspectiva autonómica presentarase este xoves 18 na USC. Será o coordinador xeral do Informe CYD e catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, Martí Parellada, quen presente o documento referido ao exercicio 2016.
O acto terá lugar ás 19.00 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre) e nel participan o reitor Juan Viaño e o presidente de RedEmprendia, Senén Barro.
A actividade, de asistencia libre, inscríbese no Foro CEA ‘A Universidade do Século XXI’ e organízase en colaboración con RedEmprendia.