04.01.2025 | 17.00h

Dentro das actividades que se están a desenvolver no Mestrado Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable, na tarde do martes, 1 de abril, terá lugar a presentación do proxecto SHOREWINNER sobre as capacidades da enerxía eólica mariña. A sesión, presencial e en liña, diríxese a alumnado da USC e empresas.
SHOREWINNER ten como obxectivo crear e desenvolver unha Comunidad de Práctica (CoP) de enerxía eólica mariña no sur de Europa para promover unha educación e formación excelentes baseadas na cooperación entre cinco Centros de Excelencia Vocacional (CoVE) en Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre.