04.03.2025 | 12.30h

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC conmemora este xoves 3 de abril a festividade de San Vicente Ferrer, patrón do centro, cun acto institucional presidido polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e no que tamén intervirá o decano de ADE, Roberto Bande.
A sesión que terá lugar no Salón de Actos, a partir das 12.30 horas, servirá de marco para homenaxear persoal xubilado da Facultade, facer entrega do recoñecemento ao mellor expediente académico nos graos de Administración e Dirección de Empresas e de Empresa e Tecnoloxía no curso 2023/2024, así como proceder á concesión de galardóns do I Torneo ADE-USC de baloncesto 3x3 que se desenvolverá na mañá do 2 de abril.