Skip to main content

XXXI Festival de Teatro Universitario

Estrea da obra 'Voilá' da Aula de Teatro da USC-Lugo

04.02.2025 | 20.30h

Auditorio Gustavo Freire
Lugo

Estrea da nova produción da Aula de Teatro da USC-Lugo

Voilá
Voilá

O mércores 2 de abril, dentro do XXXI Festival de Teatro Universitario, estréase ‘VOILÁ, a nova produción da Aula de Teatro da USC-Lugo. A peza, que dura 50 minutos, cóntanos a odisea de Alicia e Juana, súa nai, "mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratarán de sobrevivir nun mundo que as expulsa", sinalan dende a Área de Cultura da USC. A peza profunda nos centros de menores, no abuso, realiza crítica social e reflexiona "sobre o sistema xudicial patriarcal e a segregación".

O elenco está composto por Anna Aycoberry, Andrea Maseda, Estrella Tomé, Estela del Río e Alexia Villar.

A obra é unha dramaturxia de An González inspirada libremente na personaxe de Alicia no país das marabillas; na película Mommy de Xavier Dolan, no caso xudicial de Juana Rivas e en múltiples investigacións.

A entrada é de balde. Recollida de entradas nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 04.02.2025.