Skip to main content

Proxección do filme 'Tasio'

04.30.2025 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

Tasio
Tasio

O mércores 30 de abril, ás 19.30 horas, proxectarase no Salón de Actos da Casa do Saber o filme 'Tasio' de Montxo Armendáriz (1984, 96mns, España): "Tasio aprende o oficio de carboeiro e de cazador furtivo de seu pai. É unha existencia tan sinxela como dura, que el asume con enteireza e orgullo. Conforme vai medrando, decide deixar de traballar para os poderosos que explotan o seu xornal e vivir do que a montaña poida darlle, nin máis nin menos. Os seus amigos vanse á cidade, mais Tasio, nin casando e sendo pai, abandonará o seu estilo de vida.". O filme é unha ópera prima de Montxo Armendáriz, que realizou tras facer unha curta documental sobre este mesmo tema. Os costumes dos pobos da montaña navarra quedan perfectamente capturados pola exquisita fotografía de José Luis Alcaine, nun relato que desprende un alto valor etnográfico; foi filmado en varias vilas destes vales coa complicidade dos seus paisanos.  Obtivo o primeiro premio Makhila de Ouro no Festival de Chicago
Premio Revelación ao director; o premio Luis Buñuel ao Mellor director; unha mención especial e premio FRIPRESCI no Festival de Biarritz; unha placa especial de ouro como Mellor Película en Tenerife; segundo premio na Sección Oficial e Premio FIPRESCI no Festival de San Sebastián; premio á mellor primeira película no Festival de Chicago; o premio á mellor dirección e mellor fotografía no Festival de Cartagena de Indias; e o Genzinia de ouro no Festival de Trento, Italia.

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Cartel do filme
Cartel do filme
The contents of this page were updated on 04.16.2025.