Skip to main content
Convocatoria 2025/2026 para a realización de prácticas para estudantes de Grao e Máster en empresas ou institucións de países europeos a través do programa Erasmus+
Co-financiado pola UE

A USC convoca axudas para prácticas para estudantes de grao ou máster en empresas ou institucións de países europeos ao abeiro do Programa Erasmus+ (países membros da Unión Europea (UE), así como Noruega, Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Turquía e Serbia).

As prácticas poden realizarse en empresas ou institucións de diverso carácter e por un período mínimo de dous meses e máximo de seis entre o 15 de xullo de 2025 e o 31 de xullo de 2026. Establécense tres prazos para poder realizar a solicitude.

Nesta páxina resúmese o programa; as condicións detalladas deben consultarse na convocatoria e as consultas dirixirse ao enderezo de correo erasmus.practicas [at] usc.gal (erasmus[dot]practicas[at]usc[dot]gal).

The contents of this page were updated on 04.25.2025.