Vestíbulo
A mostra inaugúrase o mércores 23 ás 18.00 horas

Leandro Barea (Lugo, 1974) é un dos artistas gráficos, ilustradores e muralistas máis interesantes de hoxe en Galicia e conta cun palmarés moi amplo de premios nacionais e internacionais. Habitual na prensa, en revistas infantís ou satíricas, como El Jueves, e mesmo en fanzines, o seu estilo, humorístico e reflexivo, ten moito que ver coa actitude da propia filosofía, polo que esta exposición de 25 das súas obras atopa un lugar moi axeitado na Facultade.
Leandro provoca ao espectador cun deseño audaz e uns textos que, ante todo, sempre fan pensar e poñen ao espectador nunha situación de cuestionarse el mesmo, os seus prexuízos e expectativas. A arte gráfica de Leandro sempre sorprende, sen perder nunca un espírito de crítica social que conecta inmediatamente co público.
