Skip to main content
Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas colaboramos para facer realidade a XUGeX, punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero.
IX Xornadas XUGeX

Nesta novena edición reafirmamos a necesidade dunha ollada crítica feminista fronte aos desafíos que atravesan as nosas sociedades e universidades. Case unha década despois do #MeToo e nun contexto onde o medo comeza a cambiar de bando, seguimos denunciando as violencias estruturais e a reacción patriarcal ante os avances en dereitos. Fronte á precarización da vida, o auxe dos discursos negacionistas e os intentos de borrar as nosas loitas, estas xornadas queren ser un espazo de reflexión e acción. Porque non daremos nin un paso atrás, porque a academia e a ciencia tamén deben ser feministas, seguimos a pensar xuntas estratexias para transformar o presente e construír un futuro máis xusto e igualitario.

The contents of this page were updated on 04.25.2025.