Skip to main content

Obradoiro Internacional de Análise do Discurso

05.09.2025-05.10.2025

Santiago de Compostela

Estudantado na Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Estudantado na Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

A sétima edición do Obradoiro Internacional de Análise do Discurso de Santiago de Compostela (IWoDA'25) desenvolverase baixo o lema ‘Aprendizaxe de Linguas en Contornos Dixitais’, e terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC os días 9 e 10 de maio. As sesións do obradoiro serán presenciais e a asistencia é de balde, previa inscrición antes do 7 de maio no web do evento

Relatorios e mesas redondas integran este foro no que ademais, o venres 9 de maio, de 16.00 a 18.30 horas, terá lugar unha mesa redonda seguida dunha sesión práctica para presentar dúas ferramentas destinadas á aprendizaxe e ao ensino da fonética e da pronunciación do inglés, tanto a nivel universitario como na educación secundaria e primaria. Trátase de e-SoundWay (English Pronunciation Sounds on the Way of St James), galardoada cun Premio de Innovación Docente pola Facultade de Filoloxía da USC en 2025, e e-ProFun (English Pronunciation is Fun), na que as persoas inscritas terán a oportunidade de experimentar. 

The contents of this page were updated on 04.23.2025.