Ofrécese como un centro facilitador do contacto cos axentes externos da USC, apoiando na elaboración e a mellora das propostas dos seus diferentes membros. Nesta liña, centraliza o potencial da investigación turística a partir das persoas de referencia e contacto de diferentes grupos e institutos de investigación, favorecendo o acceso a un catálogo de especialistas nas diferentes áreas da investigación turística.
Na súa labor, o CETUR organiza seminarios, coloquios, congresos e reunións científicas entre investigadores vencellados as diferentes áreas de coñecemento, orientados á mellora da investigación e a transferencia de resultado.
No relativo á internacionalización, O CETUR ofrécese como plataforma de contacto para os investigadores externos da USC na súa procura de contactos para a realización de estadías ou elaboración de propostas conxuntas tanto de tipo investigador como docente.