Skip to main content

Consultoría

Consultoría

O CETUR, ofrece servizos para a elaboración de estudos interdisciplinares a través da coordinación de especialistas en diferentes áreas de estudo xunto cos seus equipos, grupos de investigación e centros de adscrición, ofrecendo servizos nos seguintes aspectos: 

  1. Valoración de patrimonio turístico e o seu potencial;
  2. Análise e diagnóstico da oferta turística;
  3. Informe de caracterización territorial e socioeconómica;
  4. Plan de dinamización e valorización turística, plans estratéxicos ;
  5. Avaliación de impacto das políticas públicas e turísticas;
  6. Propostas de modelos de xestión turística;
  7. Valoración de ideas de negocios e iniciativas vencelladas coa actividade turística;
  8. Asesoramento na elaboración de plans de negocio e de actividades vencelladas coa actividade turística;
  9. Apoio nas decisións de xestión e de planificación de recursos turísticos;

O CETUR ofrece así o acceso a equipos de traballo multidisciplinares, con contrastada experiencia na elaboración de informes técnicos e estudos vencellados ao territorio e ao tecido empresarial.

The contents of this page were updated on 04.25.2025.