O CETUR aposta pola colaboración con coordinacións de títulos de estudo no ámbito de turismo e colabora nas actividades das PAE dos títulos da USC.
O CETUR ofrece formación a través de Cursos de Formación Continua e de Formación Específica a demanda, os cales constitúen formación específica, dirixidos a colectivos determinados, a demanda de entidades externas ou ben de servizos, centros, departamentos ou grupos de investigación da USC, conforme ao establecido no Regulamento de Estudos Propios e Cursos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela.
Asemade o centro ofrece asesoramento para a detección de necesidades e o deseño de actuacións formativas. Actúa así como unha entidade canalizadora das necesidades do tecido empresarial e dos axentes públicos.
Na súa actividade divulgativa e de fomento da formación no sector turístico, o CETUR organiza e outorga os seguintes premios:
- Premios de Investigación Turística: como un recoñecemento a un traballo de investigación realizado por un investigador xoven;
- Premios de Potencial Investigador: como un recoñecemento aos mellores traballos Fin de Máster vencellados ao turismo;
- Premios Investigación Incipiente vencellados recoñecemento aos mellores Traballos Fin de Grao no ámbito dos estudos turísticos.
No ámbito internacional, apoia de programas de intercambio académico e profesional con universidades e centros de investigación doutros países (por exemplo, participando nas convocatorias competitivas europeas: ERASMUS + e Capacity Building ou a través do programa ERASMUS + Trainsheep), fomentando dese xeito a mobilidade e o intercambio académico.