Skip to main content

‘3 estratexias para potenciar as competencias profesionais’

04.30.2025 | 11.00h-12.00h
Imaxe de arquivo de estudantado no Campus. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de estudantado no Campus. FOTO: Santi Alvite

O 30 de abril en ADE terá lugar a actividade formativa ‘3 estratexias para potenciar as competencias profesionais’. A inscrición permitirá fomentar, dun xeito práctico e dinámico, as tres estratexias clave para reforzar as competencias máis valoradas na procura de emprego. Ademais reflexionarase sobre a importancia de adestralas, xa que teñen un papel fundamental nos procesos de selección. A relatora será Nelly Rey Rey, consultora de empresa e interim manager. A actividade estenderase de 11.00 a 12.00 horas. 

Poden obterse máis datos sobre estas accións na Área de Orientación Laboral da USC a través do enderezo electrónico orientacion.laboral [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[at]usc[dot]es) ou no teléfono 8818 12850.  

The contents of this page were updated on 04.29.2025.