Skip to main content

Debate sobre transición enerxética con representantes dos tres grupos parlamentarios galegos

04.30.2025 | 10.00h-13.00h

Sala de Xuntas

A xornada é na Facultade de Física. Foto: Santi Alvite
A xornada é na Facultade de Física. Foto: Santi Alvite

O mestrado en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible (MERYCSE) da USC organiza o mércores 30 un debate sobre a transición enerxética en Galicia no que participarán os tres grupos parlamentario galegos. A sesión será ás 10.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Física.

Está prevista a participación de Julio García Comesaña polo PP, Xosé Manuel Golpe Acuña polo BNG e Patricia Iglesias Rey polo PSdeG-PSOE, que debaterán co estudantado do mestrado sobre os aspectos máis destacados da transición e da política enerxética en Galicia. O obxectivo é elaborar un documento de traballo que traslade á clase política o sentir da sociedade.

Este debate forma parte de toda unha serie de actividades paralelas que organiza o MERYCSE e que estivo precedida hai uns días dun seminario sobre o papel do hidróxeno na transición enerxética que tivo lugar en Matemáticas e que contou

A xornada, que se desenvolveu no Salón de Actos da Facultade de Matemáticas e que contaron co apoio da súa decana, Elena Vázquez Cendón, foi un éxito de participación, tanto de estudantado como de empresas e institución interesadas. Nel compartíronse estratexias e iniciativas entre organismos como a Asociación Galega do Hidróxeno, o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN-Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno de España), o CETAG (Centro tecnolóxico de Automoción de Galicia), o Goberno tunecino ou INESCTEC (Portugal), e empresas como ARES-GARLO, NAVANTIA, IGNIS ou Artilleiros NODOSA. Estas xornadas serán completadas proximamente cun debate sobre política enerxética Europa-África e unhas xornadas de Biogas.

The contents of this page were updated on 04.29.2025.